Feliz feroz, o lobo riquiño, de El Hematocrítico

Page 1

Lomo ajustado a 72 páginas = 6 mm

S O P A

D E

L I B R O S

57

S O P A

D E

L I B R O S

El Hematocrítico

El Hematocrítico

A PARTIR DE 6 ANOS O coche de carreiras Óscar e o león de Correos A aventura sorprendente dun homiño moi valente Feliz Feroz. O lobiño riquiño

O lobiño riquiño Ilustracións de Alberto Vázquez

ÚLTIMOS TÍTULOS PUBLICADOS Cidades

A partir de 6 anos

A irmá de Lobo Feroz está moi preocupada porque o seu fillo non é feroz: é boísimo. Feroz dille que o mande uns días para a súa casa, que xa se encarga el de convertelo nun lobo de verdade. Lobiño visita o seu tío e tenta facer o que lle pide: cazar coellos, asustar a Carapuchiña, comer os tres porquiños… Pero nunca o fai ben: comparte unha ensalada cos coellos, faise amigo de Carapuchiña e ponse a xogar cos tres porquiños. Este lobiño é un desastre.

Feliz Feroz. O lobiño riquiño

Os tres amigos

Feliz Feroz Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo Desde unha estrela distante As viaxes de Ruki Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros Historia da bicicleta dun home lagarto O segredo da Illa Negra O trompetista e a Lúa Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido Unha casiña branca

9

XG002560_feliz_feroz.indd Todas las páginas

788491 210146

1384057

I S B N 978-84-9121-014-6

Feliz Feroz. O lobiño riquiño

19/1/16 13:03


Título orixinal: Feliz Feroz © Do texto: El Hematocrítico, 2016 © Das ilustracións: Alberto Vázquez, 2016 © Da tradución: Anaír Rodríguez, 2016 © Desta edición: Edicións Xerais de Galicia, S. A., 2016 Doutor Marañón, 12. 36211 Vigo www.xerais.gal xerais@xerais.gal 1.ª edición, abril 2016 Deseño: Manuel Estrada ISBN: 978-84-9121-014-6 Depósito legal: VG 102-2016

Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola lei, que prohibe a reprodución, plaxio, distribución ou comunicación pública, en todo ou en parte, dunha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.

Hematocrítico, El Feliz Feroz. O lobiño riquiño / El Hematocrítico; ilustracións de Alberto Vázquez — Vigo: Xerais, 2016 72 p. : il. c. ; 20 cm. — (Sopa de Libros; 57) ISBN 978-84-9121-014-6 1. Humor. 2. Lobos. 3. Contos clásicos. Vázquez, Alberto, il.; Rodríguez, Anaír, trad.


Feliz Feroz O lobiño riquiño



SOPA DE LIBROS

El Hematocrítico

Feliz Feroz O lobiño riquiño Ilustracións de Alberto Vázquez Tradución Anaír Rodríguez



Para Isabel. El Hematocrítico Á miña avoa Coralia. Alberto Vázquez



Un día, ao volver de espallar o terror polo bosque, o Lobo Feroz chamou a súa irmá por teléfono, para ver que tal lle ían as cousas…

9


10

—Ola, miña irmá. Como vai todo? —Ai, meu irmán! Estou moi preocupada! —Preocupada? E logo que che pasa? —É polo meu fillo… Non gaño para desgustos! —Entón? Pero que é o que fai? —Téñoche un bo problema!


Un problemón! Resulta que o teu sobriño é… BOÍSIMO! —Como…? Como que é boísimo? —Estuda moito e fai todos os deberes, pasa o día a ler, ten o seu cuarto ordenadísimo, e o outro día… BUAAAAAAAH! A Loba Feroz botouse a chorar.

11


12

—Que? Que lle pasou o outro día? —Pois que o outro día… Axudou a unha señora a cruzar a rúa! BUAAAAAAH! —Pero que dis? —Como cho conto! BUAAAAAH! Non sei que hei de facer con el!


O Lobo Feroz non podía crer o que estaba escoitando. Os lobos feroces son unhas bestas malvadas e crueis, e escoitar que un sobriño seu se comportaba desa maneira dáballe dor de corazón.

13


14

—Atende, miña irmá. Non chores máis. Ti mándame o Lobiño este verán a pasar as vacacións onda min. Voulle ensinar eu o que significa ser Feroz! Vouno converter nun Lobo Feroz, coma a súa nai, coma o seu tío, como foron os seus avós! —Que alegría! Graciñas, meu irmán! Mañá mesmo cho mando! —Non te preocupes, miña irmá. Ti déixao nas miñas mans e eu farei que o teu fillo sexa digno do apelido Feroz.


Ao día seguinte, o Lobiño chegou á casa do tío.

—Ola, meu sobriño. Benvido. —Ola, tío! Canto tempo sen verte! Dáme un biquiño!


16

O Lobo non lle deu bico ningún. O que si lle deu foi un lapote. —Pero que biquiño nin que biquiño! Os lobos non damos biquiños! —Oh, vale. Cantas cousas vou aprender contigo! —respondeu o Lobiño fretando a cabeza, que aínda lle doía. O Lobiño abriu a súa maleta e sacou un debuxo: —Mira, meu tío. Tróuxenche un regalo.


—Pero que mexericada é esta? —É un debuxiño, tío. Somos ti e mais eu! Mira que guapos estamos! —Os lobos non facemos debuxos! O Lobo, enfadado, rachou o debuxo do Lobiño. —Xa abonda de parvadas! Vouche ensinar eu a ser un auténtico Lobo Feroz! Ven comigo!

17


—Os lobos feroces ouveamos. O noso ouveo escóitase en todo o bosque e enche de terror o corazón dos seus habitantes.


Cando soa o noso ouveo, os animais foxen. Os nenos choran. As avoas agóchanse nas súas casas. Os cazadores póñense a tremer. Repite comigo: aaaaaauuu!


20

—Ben, ben! Non che está nada mal ese ouveo! Hai que puílo un pouco, pero cando che dea un par de clases máis, sen dúbida, non haberá animal no bosque que cando escoite ese terrorífico… —Coidado! —o Lobiño interrompeuno cun berrido.


—Ai, meu tío! Tes que andar con máis tino cando camiñas… Case esmagas esa pobre xoaniña!

—Uf! Anda, ven comigo! —Adeus, xoaniña!

21


O Lobo Feroz e o seu sobriño ocultáronse detrás dun arbusto: —Os lobos feroces temos que cazar para alimentarnos. Agochámonos en calquera lugar


do bosque, saltamos sobre as nosas presas indefensas e comemos e comemos o que nos peta ata ter a barriga ben chea. Mira este prado! Agora! VeĂąa, ataca! Enche o bandullo!


—Tiñas razón! Este prado é boísimo para comer! Que cenorias máis saborosas! E eses trevos teñen unha pinta deliciosa!


—Ven comigo! Que vergoña! —Adeus, coelliños!


—Os lobos feroces somos astutos. Coa nosa intelixencia, enganamos a xente para que caia nas nosas trampas. Ves esa nena? Vai å casa da súa avoa levarlle a merenda.


Vai falar con ela e cóntalle unha mentira. Convéncea para que vaia polo camiño máis longo, así nós chegaremos antes e estaremos agardando por ela para comela.


28

O Lobiño plantouse no medio e medio do camiño: —Ola, Carapuchiña, que levas na cesta? —A merenda para a miña avoa. —Ai, si? E logo, que é? —Unhas torradas con marmelada.


—Que boa pinta! De que é a marmelada? —De arandos. Queres probala? —Grazas! Que boa es! —E ti, que riquiño! O Lobo tivo que interromper a merenda e arrastrou o seu sobriño das orellas ata a súa casa.

29


De volta ao tobo, o Lobo rebuscou nun vello baĂşl que tiĂąa no soto.


—Os lobos feroces somos mestres do disfrace. Capaces de converternos en quen queiramos para levar a cabo os nosos terribles plans. A ver como che queda‌? Perfecto!


32

O Lobo explicoulle o seu plan ao Lobiño: —Agora vas petar na porta da casa da avoa. Cando abra…, pápala! Logo déitaste na súa cama coma quen que es ela. E cando chegue esa nena…, pápala tamén! Estás listo? —Claro, meu tío.



O LobiĂąo chamou ao timbre da casa da avoa.


A avoa abriu a porta e púxose moi contenta: —Caramba! Pero se é a miña amiga Felisa que vén facerme unha visita! Pasa, pasa! Que ben! E Fernanda preparou nun tris a merenda que lles servía ás súas amigas cando a visitaban.

35 35


—Un pouco máis de té, Felisa? —Con moito gusto, grazas! O Lobo, desesperado, daba cabezadas contra a ventá.


Abriu a porta dunha patada e levou o Lobiño, tapando a cara da vergoña que estaba a pasar por ter un sobriño así. —Ata logo, Felisa, volve cando queiras! —Adeus, Fernanda!


38

O Lobo Feroz no se daba por vencido e aínda tiña cousas que ensinarlle ao seu sobriño. —Os lobos feroces sabemos soprar. O noso soprido ten a forza dun furacán. É capaz de derrubar casas e de arrincar árbores. Mira!



—A ver eu, tío. Un poderoso vento saíu dos pulmóns do Lobiño, case tan poderoso coma o do seu tío.


O Lobo por fin tivo motivos para aledarse. O seu sobriño tiña un soprido realmente feroz. —Que alegría! Si, señor! Este é o meu sobriño! Tes un soprido coma o meu! Ven comigo!

41


—Imos practicar ese soprido! Ves eses porcos de aí? Construíron unhas casas para protexérense dos lobos. Pero ti


soprarás, soprarás, e as súas casas derrubarás. Despois non terán onde agocharse e paparémolos. —Moi ben, meu tío.


44

—Vaia soprido máis estupendo me ensinaches, tío! Mira como voan estes papaventos! Os porquiños bailaban e cantaban entusiasmados co divertidísimo soprido do seu novo amigo. —O soprido non é para iso! —o Lobo estaba furioso—. Ímonos de aquí antes de que me caia a cara de vergoña!


O Lobo, desesperado, pensou un Ăşltimo plan.


46

—Mira, Lobiño. Se cadra, cando saborees uns deliciosos cabritos, cambias de idea. Coñezo unha casa onde viven sete. Sete saborosos cabritos! Cando a súa nai vaia facer a compra, nós imos enganalos para que nos deixen pasar. —Como imos facer iso, meu tío? —Bebendo ovos crus afinaráseche a voz, e enzoufando a pata con fariña parecerá que a tes branca. Así crerán que es a súa nai e abrirán a porta.



O Lobiño obedeceu o seu tío e pintou a pata de branco. Bateu coa casca do ovo contra o bordo dun cunco para escachalo, pero enleouse. —Ala! Caeume o ovo na fariña!


O Lobiño quedou mirando para o cunco, abraiado. Meteu a pata, removeu, e relambeu os dedos. —Agarda un momento, meu tío! Un momento! —Pero… pero… onde vai este?



—Isto que é? —preguntou o Lobo, enfadado. —Unha torta de cenoria —respondeu o Lobiño—. Pensei que sería unha mágoa derramar esa fariña tan boa e eses ovos tan frescos. E, ademais, coas cenorias tan saborosas do prado ao que me levaches…

51


52

Iso foi a pinga que rebordou o vaso da paciencia do Lobo, que xa non aguantou máis e montou en cólera. Deu en berrar, enfadadísimo. —Xa abonda! Estou farto! Es a vergoña do apelido Feroz! Fixen todo o que estaba na miña man, pero é imposible! —Meu tío, non te enfades —dixo o Lobiño con cara de pena—. É que hai un programa de cociña na tele que me gusta moito e quería probar a ver se me saía. Por que non a probas? É unha torta moi rica. —Que torta nin que leria! Es un…!





56

Uns días despois, a Loba Feroz chamou o seu irmán por teléfono para preguntarlle polo fillo. —Ola, meu irmán. —Ola, miña irmá. —Que tal está o meu fillo? —Pois…, o certo é que che está moi ben. —De verdade? Por fin podemos estar orgullosos de que leve o apelido Feroz? —Máis ou menos… Por que non vés ata aquí e o comprobas ti mesma?



58

A Loba Feroz chegou á casa do Lobo e, nada máis abrir a porta, preguntoulle impaciente: —Irmán! Que me tes en ascuas! Aprendécheslle ao meu fillo a ser Feroz, coma nós? —Ven comigo… Quero ensinarche unha cousa.



—Pero isto que é? —A ver, miña irmá, o teu fillo prepara uns doces que meten medo do ricos que están.



E foron felices, e comeron chulas de crema con xarope de grosella e canela. —Moito mellor ca as perdices! —dixo o Lobo.




Escribiron

e debuxaron...



El Hematocrítico

—El Hematocrítico é autor de varios blogs humorísticos de éxito, e continúa espallando a súa fama en Twitter. Colabora nas revistas Cinemanía e Mongolia e no programa Top Chef, e publicou dous libros baseados nos seus blogs. Ademais, é mestre de Educación Infantil, Inglés e Primaria. Díganos, por que se decidiu a escribir para nenos, algo que parece moi distinto ao que vostede adoita facer? —É moi distinto ao que adoito facer... en Internet. En realidade, traballo como mestre con nenos pequenos desde hai máis de doce anos. É un público que me encanta e co que teño contacto a diario. No cole sempre toca estar inventando cousas para enredalos, así que o paso non era tan difícil de dar. —Por que escolleu o lobo, o vilán típico dos contos clásicos, como protagonista do seu relato?

67


68

—Interesábame moito crear humor partindo das cousas que coñecen os lectores. Se o protagonista é o Lobo Feroz (e familia) e os secundarios son Carapuchiña ou os tres porquiños, non tes nin que presentalos. Ao coñecer xa as referencias, os nenos entran na historia con facilidade e captan á primeira o divertido das situacións. —Vostede é mestre nunha escola infantil, o contacto cos nenos sérvelle de inspiración para a súa faceta de escritor? E para a de tuiteiro? —Moitísimo! Lin nas miñas clases un conto a diario durante máis dunha década e, ademais de desfrutar enormemente, serviume para tentar comprender os gustos e o sentido do humor dos nenos máis pequenos. É unha experiencia marabillosa! Como tuiteiro, digamos que estar decote rodeado dun público tan esixente e con tanta enerxía fai que estea sempre esperto e buscando cousas interesantes e curiosas que contar. E si, os tuiteiros son un pouco coma os nenos pequenos.


Alberto Vázquez

—Alberto Vázquez é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Valencia. Debuxante en xeral, e en particular de cómics, os seus libros foron editados en España, Francia, Italia e Brasil. De onde lle vén a súa vocación de ilustrador? Lembra algún ilustrador que lle inspirase especialmente? —A miña vocación é bastante tardía. Como todo neno, de pequeno debuxaba, pero despois na adolescencia deixei de facelo. Con dezaoito anos, ao entrar en Belas Artes, coñecín mellor o mundo da ilustración e o cómic e gustáronme moito as posibilidades narrativas e expresivas do medio. Pero, sobre todo, a posibilidade de poder contar historias mediante o debuxo pareceume algo fascinante. Daquela época influenciáronme bastante debuxantes cun punto experimental, como Federico del Barrio ou Raúl e a revista «underground» de cómics Nosotros Somos los Muertos.

69


70

—Que lle pareceu dar forma a estes lobos tan orixinais? —Pois unha experiencia moi bonita porque é un proxecto a medias cun bo amigo, El Hematocrítico, e sempre é enriquecedor a nivel persoal traballar con xente á que aprecias. Queriamos facer un libro xuntos e el ensinoume o texto e puxémonos a traballar sen saber quen ou como se ía editar. Só por facer un proxecto conxuntamente. Despois, contactamos coa editorial e tamén lle gustou o proxecto, polo que saíu perfecto. —Resultoulle algunha escena máis difícil de ilustrar ca outras? Cal e por que? —Non, ningunha me custou especialmente. As dobres páxinas sempre teñen máis complexidade, pero cando teño claro o estilo e as súas limitacións, adáptome ben. Non sei, todo custa, facer un libro custa, pero ao mesmo tempo miro cara a atrás e paréceme que foi todo bastante fluído e relaxado, quizais porque o formulei a longo prazo e fíxeno con calma.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.